Máis nunca souben a resposta. Nunca ninguén me quixo contar o acontecido, cando, anos máis tarde, tentei averigualo. Silencio, eso foi o que atopei. Silencio, e un mundo que non era o meu. Un mundo no que eles tiñan o poder de novo nas súas mans. Un mundo onde nós, os marxinados, xogabamos a correr querendo uir das mans frías e inhumanas daqueles que disfrutaban humiliándonos e asoballándonos. Nun primeiro momento pensei en fuxir, afastarme de todo aquelo, pero ¿quen ía loitar por nós se eu non o facía? ¿se nós non o faciamos? Eles, dende logo, non ían mover un dedo se non era pra nos pór por riba terra e escombros e agocharnos das miradas das xentes que, inorando o que estaba a pasar, asentían coa cabeza e seguían ó seu.
lunes, 15 de junio de 2009
Empecemos polo principio
Sentín unha man huesuda, fría, dura coma a pedra apretando forte o meu peito. ¿Que era aquelo? ¿Que estaba a ocorrer? Mirei, espantado, cara todos lados. Pero ninguén me socorría, ninguén acudía no meu auxilio. Lentamente, o aire foi deixando de entrar no meu corpo. Afogábame. Non sabía que facer. Non tiña que facer. Pouco a pouco, paseniñamente, o meu sentido ia perdendo a noción da realidade. Unha ledicia insensata e insana íase apoderándo da miña mente. ¿Que era todo aquelo?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario